Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

lunes, 22 de diciembre de 2014

Estamos asistindo á privatización da educación obrigatoria en España?

Ano a ano, os orzamentos do Estado e das Comunidades Autónomas adicados a centros educativos públicos diminúe gradualmente e, en cambio, aumenta para os centros de titularidade privada concertados, nos cales cada vez a transparencia é menor.

Atende este video. Que che parece?


Toda unha serie de reflexións interesantes para celebrar o Nadal e Aninovo deste ano. Certo?

Saúdos amigables, 

Camilo Ocampo Gómez

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Derradeiras novas no Parlamento de Galicia

O Grupo Socialista, a través do seu portavoz de Educación, reclamoulle á consellería de Educación un “plan de choque” para abordar as reformas imprescindibles nas “instalacións obsoletas” dos centros de ensino públicos de Galicia. 

Tamén reclamou a reactivación da convocatoria de oposicións para recuperar as 2.200 prazas de educación destruídas co “austericidio” de Feijóo.