Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

jueves, 10 de julio de 2014

Un “suspenso” en toda regra para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia do Partido Popular



O Tribunal Supremo acaba de declarar ilegais as subvencións que cada ano ven aboando A Xunta de Galicia do PP aos centros que discriminan ao alumnado por razón de sexo. O custe desta subvención ven sendo de 3 millóns de euros anuais

Por activa e por pasiva foi advertido o Goberno de Núñez Feijoo que esta era unha medida anticonstitucional. Dixéronllo partidos políticos, sindicatos e varias organizacións, pero nunca fixo caso. Non fixo caso nin sequera dos tribunais de xustiza cuxas sentenzas deixábano claro.

Este feito é tanto máis grave canto que, á vez que o gobernó de Núñez Feijóo entregaba eses 3 millóns de euros cada ano a centros que segregan alumnado por sexo, foi reducindo o número de profesores e profesoras, diminuindo as cantidades dos centros públicos adicadas a gastos de funcionamento e diminuindo recursos de todo tipo. 

A redución do profesorado docentes foi nada menos que duns 4000 docentes en primaria e secundaria nestes anos que levan gobernando. Ollo! Son datos do  Ministerio de Administracións Públicas!

Camilo Ocampo Gómez

jueves, 3 de julio de 2014

Un xulgado de Santiago de Compostela bota abaixo a resolución do concurso de traslados entre profesorado funcionario da Xunta de Galicia!

A cousa é que a Xunta de Galicia decidiu modificar o baremo do concurso de traslados do profesorado. Comezou así a puntuar, algo que nunca se fixera, os anos traballados antes de acceder aos respectivos corpos de profesores. A xustificación que da o Goberno de Feijoo é a de que existe unha directiva de Europa (1999/70/CE) e algunhas sentenzas nas que se di que non poden facerse diferenzas entre interinos e funcionarios de carreira.

Ante este feito inaudito presentáronse no xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Santiago de Compostela diferentes recursos de docentes afectados pola decisión da Xunta de Galiza. A sentenza emitida ao respecto foi contraria á baremación realizada pola Administración. Por tanto, cando xa os destinos obtidos no concurso foron elevados a definitivos, a Consellería ten que baremar de novo cada unha das solicitudes de traslado cursadas polo profesorado da escola pública galega. 

Setembro está moi preto xa. Milleiros de docentes áchanse afectados por esta arbitraria decisión. Nós preguntámonos:


  • É esta a mellor maneira de afrontar a planificación do vindeiro curso escolar? 
  • En que estaban pensando o conselleiro e o seu equipo cando tomaron tamaña decisión?
  • Impórtalle a calidade da educación pública? 
  • Preocúpalles o descontento, o malestar e a desazón que estes feitos producen no corpo de profesores da Comunidade Autónoma?


Hai quen di que parece que ao PP o que lle preocupa realmente é que determinados docentes que impartiron relixión católica como contratados das Administracións educativas  previa selección polos respectivos bispados (aquela norma de Rajoi con tan pouco sentido democrático) obteñan mellores prazas unha vez que van accedendo aos respectivos corpos a por de serlle valorados os anos de contratados.Trátase de comezar por Galicia co ensaio?  

Camilo Isaac Ocampo Gómez 
Secretario de Educación 
Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense