Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

viernes, 20 de junio de 2014

IMPORTANTE INICIATIVA DO PSOE NO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Ponse de manifesto a nosa sensibilidade ante os problemas da infancia

Ó igual que ocurriu en Galicia, de novo os diputados do PSOE vense obrigados a presentar unha petición ao goberno de España para atender as necesidades alimentarias da poboación infantil, cada vez máis numerosa, que se acha en situación de pobreza (neste momento España é o 2º país con maior índice da UE segundo o informe de Cáritas).

Foi unha petición ao goberno, absolutamente xustificada, para que se deseñe e poña en marcha un plan de alimentación infantil nos días de vacacións escolares de verán. O obxectivo principal do plan é o de garantir que os nenos e nenas de España que o estean a necesitar teñan cubertas as súas necesidades de alimentación.

Como estratexia básica para acadar o citado obxectivo requíreselle ao goberno que destine os recursos económicos necesarios, que se encargue de coordinar as Comunidades Autónomas para que se aplique o plan en todas elas, que se conte coa colaboración dos concellos e ONGs existentes en España, así como cos medios das Administracións Públicas, como son os comedores escolares dos centros de ensino.


Algunhas comunidades parece que non están dacordo,  outras en cambio ven que se trata de algo totalmente necesario, pero unha vez máis teñen que ser os nosos representantes do PSOE os que promovan iniciativas a favor da infancia!

martes, 17 de junio de 2014

Noticias


Unha boa noticia que acaba de producirse coa colaboración do PSdeG é a que poñemos a continuación.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estaren as súas familias en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos, en colaboración cos servizos públicos de benestar.

Agora cabe preguntarse:
Como vai organizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os comedores escolares para enfrontar esa necesidade? Como se van firmar estes convenios cos concellos?

Xullo está a volta da esquina…!

Pero… as malas noticias en educación seguen presentes con este goberno do Partido Popular.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reduce nuns 100.000 euros a partida adicada a axudas económicas ao alumnado que fai a súa formación en centro de traballo. Trátase, nin máis nin menos, que desa formación práctica que é clave para adquirir e desenvolver as competencias persoais e profesionais necesarias para o acceso e progreso no emprego, no escaso emprego co que contamos.
Aquí vence ben as diferenzas. Na época de Touriño, falamos de 2009, a Xunta de Galicia adicaba a esta partida 4 veces máis.

Obras son amores…! Non as declaracións ás que o seu Partido Popular nos ten acostumbrados sobre a grandísima importancia da Formación Profesional…, señores da Xunta! Que cando un se descuida están recortando medios para a Formación Profesional dos nosos xóvenes.

Camilo Ocampo Gómez