Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

miércoles, 23 de abril de 2014

OS SOCIALISTAS ADVIRTEN QUE A XUNTA VAI CONVERTER A ELECCIÓN DAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS NUN “NICHO DE EMPREGO” PARA AMIGOS E SIMPATIZANTES DO PP”




Vicente Docasar sinala que o PP quere converter aos consellos escolares en “ xarróns chinos ” das comunidades educativas, ninguneando o papel de profesorado, alumnado  e familias


 O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, advertiu hoxe que Xunta quere facer das direccións dos centros educativos un “nicho de emprego para amigos e simpatizantes do PP”. O responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a reforma que vén de introducir o partido popular no sistema de renovación das direccións dos centros educativos galegos e o novo papel que xogarán no futuro os consello escolares.

Docasar sinalou que a Orde publicada no DOG o pasado 3 de abril para regular o proceso de designación das direccións dos centros educativos permite unha “clara intromisión na vida dos centros educativos por parte do poder político” a través da composición das comisións de selección. Esta norma suporá a renovación das cúpulas de mais de 164 centros públicos en toda Galicia antes  do mes de xuño.

Engadiu que “non era suficiente impoñerlles unha lei –a Lomce- que rexeitaron profesores, familias, estudantes e sindicatos do ensino, senón que agora verán como se impoñen tamén unhas direccións fortemente politizadas e mediatizadas” por parte do goberno do PP. Subliñou que “non é precisamente a mellor maneira de fomentar a autonomía dos nosos centros educativos”.

O parlamentario socialista acusou ao PP de converter aos consellos escolares en meros “ xarróns chinos ” das comunidades educativas, “botando por terra unha consolidada tradición de moitos anos”.

Lembrou a preocupación amosada polos socialistas galegos diante das consecuencias que derivan da posta en marcha desta nova normativa de selección das direccións dos centros educativos, e advirte ao partido popular que estarán moi vixiantes diante dos comportamentos sectarios que poidan producirse nas comisións de selección.

O Portavoz de Educación  do Grupo Socialista pediulle ao Conselleiro de Educación un pequeno xesto de vontade política  : “ renuncie a nomear dixitalmente”  as comisións de selección, e deixe que sexan os directores e directoras de maneira democrática os que elixan aos integrantes que lles corresponde na citadas comisións, ou ben permita que esa selección se faga por sorteo público, da mesma maneira que se fai cando se elixen os membros dos tribunais das oposicións. Non facelo dese xeito virá a demostrar claramente que o que se pretende é controlar políticamente a selección dos directores  e directoras dos centros educativos galegos, remarcou Vicente Docasar.