Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

sábado, 15 de febrero de 2014

A política de becas do Goberno de Rajoy prexudica a Ourense



O Goberno de España, en resposta a unha pregunta da deputada socialista Laura Seara, recoñece que o curso pasado denegáronse na provincia de Ourense máis do doble de becas non universitarias que no de hai 2 anos. É dicir, no curso 2011/2012 o Gobierno denegou na provincia de Ourense 654 becas a persoas de estudios non universitarios e no curso 2012/2013 foron 1.408 becas as denegadas.

A deputada socialista considera que en 2 anos de Goberno o PP está destrozando o sistema educativo público de calidade, universal y gratuito logrado polos Gobernos do PSOE. Así en 2 anos os orzamentos para educación reducíronse en máis de 5.200 millones de euros, o que supuxo para o ensino público uns 30.000 profesores menos. 

En cambio –di a deputada- o que si fixo Rajoy foi subir do 4% ao 21% o IVA do material escolar e endurecer os requisitos para ter unha beca, que deixou así de ser un dereito.

Asemade, na resposta parlamentaria do Goberno sinálase que respecto ás becas Erasmus, na convocatoria 2012 o número de mobilidades de estudiantes desde instituciones da provincia de Ourense para prácticas foi 13 e non houbo mobilidades para estudos. Ademáis, que en 2013 ese número foi de 3 para estudos e de 25 para prácticas.

Polo que atinxe ao Gobernó de Galicia (Xunta de Galicia) a política educativa chama a atención en canto á inversión por alumno e ano:
    • Euskadi: 1133 €
    • Extremadura: 902 €
    • Navarra: 886 €
    • Cantabria: 826 €
    • Murcia: 810 €
    • Galicia: 740 €
Os números falan por si mesmos!