Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

viernes, 22 de noviembre de 2013

Reunión do comité coordinador da sectorial provincial de educación e deste órgano con outros militantes do ramo da educación


Sectorial de Educación Ourense

Comité Coordinador Provincial


Sede provincial do PSdeG-PSOE de Ourense ás 17. 30 horas

Puntos tratados e resumo de acordos:

1.     Recapitulación de acordos e traballo realizado desde a reunión anterior (véxase documento que se achega como anexo).

2.     Propostas para manter o blogspot do grupo sectorial provincial de educación do PSdeG de Ourense ( http://recuperandoaeducacionpublica.blogspot.com.es/2013/11/o-goberno-de-rajoy-negalle-apoio-miles.html). Considérase necesario que haxa aportacións desde as comarcais e mesmo de persoas que teñan alguna cousa que aportar.

3.     Análise da situación na provincia

Conforme aos puntos propostos a análise realizada fíxose tendo en conta principalmente os seguintes aspectos:

a.     Sistema escolar: Cambio na lexislación de comedores escolares (novas disposicións: Decreto 132/2013, de 1 de agosto, DOG do 13); acordos da Federación de ANPAS de CCPP cos concellos, entre eles o de Ourense; diminución de profesorado (3.920 en Galicia, dos que 519 son en Ourense); de becas de alumnado e recursos de todo tipo, incluso no gasóleo da calefacción; libros de texto, problema no que deberiamos organizarnos; nova regulación dos deberes escolares, que xa está o tema no Parlamento.

Un problema xeral: a aprobación  da LOMCE no Congreso do Diputados, que vai poñer en marcha unha reforma regresiva.

b.     Universidade: Todo un conxunto de problemas áchanse presentes neste ámbito. Unha gran parte deles está provocada pola falta de recursos á que nos somete A Xunta de Galicia. Citamos os máis importantes: descontento pola tremenda rebaixa salarial imposta aos traballadores; indignación de moitos alumnos e alumnas (que na facultade de CC da Educación levounos a unha folga de varios días) e profesorado como consecuencia da reducción de becas en número e cuantía, Erasmus, aumento de taxas de matrícula e mesmo das consecuencias que vai ter a LOMCE; grandes limitacións en investigación; preocupación con respecto a situación do profesorado asociado; falta de calidade que preocupa pouco ao rectorado; inicio de etapa de preparación de candidaturas ao rectorado; descontento co actual rector, …

Como problema concreto de Ourense citar o da Facultade de Ciencias: No Consello Social da Universidade de Vigo (celebrado hai unha semana) preguntouse ao rector sobre o perigo que pode supoñer implantar Inxeñería Física para a permanencia de CC. Ambientais na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. A resposta non foi moi clara. A cousa ven de atrás como se sabe. A xunta de facultade de Ciencias aprobou 3 titulacións de grao, que están implantadas, e agora o rectorado, baseándose nunha determinada sentenza do TSXG, quere implantar Inxeñería Física. Mais ata que punto hai/haberá  alumnado para isto? Prexudicará ao que xa temos implantado?

4.     Tarefas a realizar polos membros do comité: libros de texto, estudio de necesidades e contacto con Anpas. Acórdase seguir co traballo comezado, intensificando –desde logo- actividades en relación coas agrupacións comarcais.

5.     Reunións do comité con persoas militantes do PSdeG relacionadas coa actividade educativa e outras persoas que queiran participar. Acórdase facelas, sobre todo de cara a elaboración de propostas para o programa electoral conforme ás bases acordadas pola conferencia política celebrada recentemente en Madrid polo PSOE.

Ourense, a 15 de novembro de 2013

O coordinador sectorial provincial


                    Camilo Ocampo Gómez

ANEXO QUE SE CITA:

1.     Acordos da derradeira reunión do comité coordinador da sectorial provincial de educación en Ourense e actividades realizadas.

Neste punto cabe destacar os seguintes puntos:

a)     Reunión a comezos de curso, unha vez pasado o verán. Houbo reunón xeral da sectorial celebrada o día 19 de setembro. A ela sistiron os membros do comité coordinador e se convocaron a persoas do ámbito educativo pertencentes  ao PSdeG. Tamén a outras persoas interesadas na posición do PSdeG en materia de educación. Os numerosos asistentes fixeron que a sala se quedase pequena. Resultou acto moi dinámico, con preguntas de debates de importancia. Asistiu o secretario xeral de entón, Pachi Vázquez. Tratáronse os seguintes temas: libros de texto (convén afrontar desde o partido unha recollida de libros e de peticións de persoas que os necesiten, resulta complexa esta tarefa sen medios, pero debe intentarse por comarcas); presentación dunha moción nos concellos sobre o problema do copago no comedor escolar (xa a fixeron todos); a necesidade de seguir poñéndonos en contacto coas ANPAS da provincia; preguntaron polo problema de asociacións como é a do CEIP de O Couto que por si mesma non pode participar no convenio do concello de Ourense coa Federación de ANPAS de CC PP.

b)    Facer o seguemento en canto a unidades en funcionamento, profesorado, comedor e transporte escolar nos centros. O comité coordinador  conta con estatística actualizada sobre unidades escolares e profesorado co que se conta no actual curso na provincia e están pendentes os datos das ANPAS nos que traballa unha membro do comité.

c)     Manter o blogspot  dado o acertado do enfoque que ten e divúlgalo canto se poida, sobre todo para que as agrupacións comarcais sigan a información que se facilita. Polo tanto nestas semanas estase a sacar canto pode ter interese para os militantes e simpatizantes, concretamente información relativa ao tratamento dos problemas de educación no Parlamento de Galicia, no congreso (LOMCE) e na provincia.

d)    Continuar co plan de actividades aprobado en canto a estudos, estatísticas, seguemento político das medidas que toman os gobernos do PP de Galicia e España (o que se sigue a facer); revisión de documentación relativa á educación universitaria e non universitaria a través de fontes directas, prensa e TICe; participación en debates; asesoramento a militantes e simpatizantes en canto a buscar solución a problemas de educación que se lle presentan.
______________________________________________

Esta é a nefasta realidade da LOMCE que se acaba de aprobar no Senado














*Información recopilada e tratada pola Secretaría Provincial de Educación do PSdeG-PSOE de Ourense e o Grupo Provincial Sectorial de Educación do PSdeG-PSOE de Ourense.

martes, 5 de noviembre de 2013

O Goberno de Rajoy négalle apoio a miles de estudantes Erasmus Gran malestar nas universidades e colectivos de estudantes ante a falta de apoio do goberno de Rajoi a este alumnado

   



   O estudantado que se acha no actual curso en universidades  de outros países dentro do programa Erasmus, unhas 1500 persoas de universidades galegas, acaban de sentir nas súas carnes como o goberno de España, 2 meses despois de terse iniciado o curso, retíralle a axuda complementaria que, dende anos atrás, viñan recibindo aquelas persoas estudantes que non tiveran unha beca xeral  no curso anterior.

   O goberno de Rajoi tomou esta medida mediante a publicación dunha disposición legal ao efecto (orde ministerial) no Boletín Oficial do Estado do pasado 29 de outubro. Fixo isto sen previo aviso e de xeito sorpresivo. Foi o propio estudantado quen, informado desta medida, deu aviso aos medios de comunicación españois e doutros países, que se fixeron eco da noticia de xeito inmediato. A cousa non é para menos. Porque, por moito que se empeñe o goberno de Rajoi en concederlle un escaso valor á educación, esta é cousa de todos, aféctanos a todos e dos seus resultados dependemos tódalas persoas máis alá de fronteiras e países. A medida tomada polo ministerio pensó que debe calificarse de miserable.

   Agora, probablemente a metade do estudantado Erasmus, verase prexudicado pola medida ata o punto de que moitas persoas poderán verse obrigadas a presentar a súa renuncia ao programa e regresaren á súa respectiva universidade. A estas alturas do curso, xa pasada máis de primeira metade do cuadrimestre, acábanse de enterar de que se quedarán sen un 50% da axuda que contaban recibiren para manterse neste magnífico programa europeo. A orde publicada, sen dúbida, resulta equivocada, inoportuna e pensó que destructiva en tódolos sentidos.

   Dende logo trátase dun feito inaudito. Un goberno dun país pertencente á Unión Europea, esquecendo (ignorando) os máis elementais principios e sentidos da educación no mundo actual, aproveite ao Ministerio de Educación para, unha vez máis, desviar recursos, que por outra parte como axuda son ben escasos, a diferentes partidas orzamentarias que xa nos gostaría saber cales son.


Ourense, a 5 de novembro de 2013


Camilo Ocampo