Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

martes, 2 de julio de 2013

O desmantalamento das Escolas Unitarias no ámbito rural de Galicia e a resposta do PSdeG


   
                                                                                                                         


Sectorial de Educación Ourense

Comité Coordinador Provincial



Información sobre as acción realizadas polos nosos parlamentarios ante a realidade educativa que se nos impón polo goberno da xunta de Núñez Feijoo



Ante a situación de desastre informativo en materia de supresión de centros educativos para o curso vindeiro, o portavoz de Educación do noso Grupo Socialista, Vicente Docasar, ven de presentar unha pregunta ao Goberno para coñecer o número de escolas que ten previsto pechar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria antes do inicio do curso 2013 – 2014.


A iniciativa, que se insere a continuación, require –como poderá verse- información sobre os concellos afectados polo peche destas escolas así como o número de profesores e profesoras afectados. Nela critícase o “goteo permanente” de anuncios de peches de escolas unitarias no Medio Rural galego por parte da Xunta. Censúrase a “maneira pouco respectuosa” con que se traslada a decisión do peche ás persoas afectadas, tanto sexan familias como profesorado.


O noso parlamentario encadra este tipo de actuación por parte da consellería de Jesús Vázquez, dentro da “falta de apoio ao rural” que “estase a converter nun costume para o Goberno galego” e que constitúe un claro indicador da intención desmantelamento progresivo do mundo rural”.

                              

Ourense, a 1 de xullo de 2013



Asdo: Camilo Ocampo Gómez (Coordenador da sectorial de educación)



Preguntas interpostas en sede parlamentaria sobre o desmantelamento das Escolas Unitarias   Rurais polo Grupo Parlamentario Socialista Galego: