Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

lunes, 23 de diciembre de 2013

¡¡ Felices festas !!



  A pesar da escasa "educación pública" do PP, demostrada en orzamentos e accións agresivas como é a política de diminución de axudas e becas, dende o grupo sectorial provincial de  educación desexámoslle a tódalas persoas da comunidade educativa que celebren alegremente as Festas de Inverno, chamadas por moita xente de Nadal, Aninovo e Reis, "recuperando" enerxía para poder seguir loitando pola "educación pública" que queremos no PSdeG-PSOE.

Saúdos, Camilo Ocampo (Sº de Educación do PSdeG-PSOE de Ourense)

viernes, 20 de diciembre de 2013

Datos sobre becas en España



En total, el curso 2012-2013 hubo 19.584 perceptores menos de las becas de las convocatorias general, de movilidad, de colaboración y de las destinadas para alumnos con necesidades especiales de todos los niveles educativos. Se pasó de 720.178 beneficiarios en el curso 2011-2012 a 700.594 el siguiente. Esta reducción supone un recorte del 2,7%.


Una información más completa puede hallarse en El País, de 16 de diciembre,  




martes, 17 de diciembre de 2013

Duas noticias importantes para tódolos lectores





Comeza o debate sobre os Orzamentos da Comunidade Autónoma no Parlamento de Galicia. O número de enmendas presentadas pola oposición é de 1.228. Non foi aceptada ningunha delas polo grupo do Partido Popular. A educación correspondente ao sistema escolar previo á universidade y ao sistema universitario de Galicia segue experimentando graves recortes.






Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica unha disposición que ten interese para as asociación de nais e pais de alumnos de centros sostidos con fondos públicos, profesores e familias. É a seguinte: RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xuño de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, confinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño).

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Educación e Constitución Española





Mañán celébrase o 35º aniversario da actual Constitución Española e, como educador profesional, desexo expor neste blog algunhas das reflexións que este festexo suscita en min. Concretareinas na importancia que ten o realizar nos centros actividades de ensinanza-aprendizaxe relativas a este aniversario. Actividades que deberán ser interesantes para o alumnado e nas que o traballo cooperativo preséntasenos como a estratexia didáctica que se debería preferir. A convivencia pacífica e democrática dos españois constitúe un contido da maior importancia no currículo da educación escolar. Detereime, pois, nalgunhas consideracións ó respecto.

A educación, na súa parte máis coñecida, tradicional e social, pode identificarse, coas accións que realizan as xeracións maduras dunha sociedade co propósito de trasmitirlle ós membros inmaduros da mesma os valores que a substentan.

Son accións organizadas, desenvolvidas a varios niveis, entre os que cabe destacar estes tres: familia, escola e ambiente (rúa, medios de comunicación e outras comunidades de pertencia dos individuos).

Tales accións, en gran parte planificadas, comportan que os máis noviños teñan que iniciar un árduo vieiro de mellora de si mesmos. Este proceso, por expresalo dalgunha maneira, implica o gradual e continuo desenvolvemento da súa personalidade, tanto no plano físico e racional, como no emocional e social, sendo un dereito dos pais que os seus fillos reciban a formación moral e relixiosa que estea de acordo coas propias conviccións (Constitución, artigo 27)

Este proceso educativo, como se expón no Informe que realizou para a UNESCO a Comisión Internacional sobre a educación para o século XXI presidida por Jacques Delors en 1996, debe servir para a axudar a cada un a: “aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir cos demais e aprender a ser”. Aprendizaxes que, pola súa envergadura e extensión, podemos convir sen excesiva discusión,  requiren, e cada vez máis, o que se pode denominar “a formación ó longo da vida”.

Neste sentido cabe falar da absoluta necesidade da existencia de contextos democráticos, estables e pacíficos,  nos cales os valores de respecto á dignidade humana, liberdade, democracia, estado de dereito e acatamento dos dereitos humanos, sexan os máis sólidos fundamentos da organización social, e que, para ben ser, deben integrarse –permítaseme dicilo- en espacios máis amplos, como sería, no noso caso, o da Unión Europea (espacio no cal os cidadáns podemos estudiar, circular, traballar e residir libremente en calquera dos países que a conforman en función das nosas preferencias, necesidades e proxectos vitais (máis ou menos asumidos) a través dos cales buscamos, por medio da formación, o traballo e o aproveitamento do tempo libre a nosa autorrealización).

Mais…, as regras que, conforme ós valores anteriores, están presentes na organización e funcionamento dunha sociedade, para que teñan presencia real no convivir diario, precisan ser coñecidas, comprendidas e debidamente interiorizadas polos cidadáns.

Isto obriga a que sexan consideradas como un importante obxecto de tratamento no proceso educativo; o que equivale a dicir que, no ámbito escolar, ha incluirse o estudio da Constitución Española de 1978 como parte do currículum ou programas das materias que se imparten nos centros docentes.

Pero pode ocorrer, e de feito ocorre, que estes contidos nos programas escolares sexan vistos polos estudiantes como aspectos árduos e abstractos, perante os cales o máis práctico é memorizalos para os exames, olvidándoos parcialmente con posterioridade, xa que parece que a vida no seu decorrer habitual e diario non nolos esixe, ou pensamos que non nolos esixe. Polo que a motivación que logren os profesores, a importancia que se lle dea nas familias e o valor que se lle conceda na comunidade próxima, constitúen estímulos que, canto máis concordantes e concurrentes sexan, máis eficaces han resultar, e desde logo, non só nos contidos específicos da Constitución, se non que tamén darán bos froitos noutros aspectos do currículum escolar como é a convivencia pacífica que tanto nos preocupa e debe preocuparnos.


Camilo Ocampo Gómez

Secretario Provincial de Educación do PSdeG - PSOE de Ourense 

viernes, 22 de noviembre de 2013

Reunión do comité coordinador da sectorial provincial de educación e deste órgano con outros militantes do ramo da educación


Sectorial de Educación Ourense

Comité Coordinador Provincial


Sede provincial do PSdeG-PSOE de Ourense ás 17. 30 horas

Puntos tratados e resumo de acordos:

1.     Recapitulación de acordos e traballo realizado desde a reunión anterior (véxase documento que se achega como anexo).

2.     Propostas para manter o blogspot do grupo sectorial provincial de educación do PSdeG de Ourense ( http://recuperandoaeducacionpublica.blogspot.com.es/2013/11/o-goberno-de-rajoy-negalle-apoio-miles.html). Considérase necesario que haxa aportacións desde as comarcais e mesmo de persoas que teñan alguna cousa que aportar.

3.     Análise da situación na provincia

Conforme aos puntos propostos a análise realizada fíxose tendo en conta principalmente os seguintes aspectos:

a.     Sistema escolar: Cambio na lexislación de comedores escolares (novas disposicións: Decreto 132/2013, de 1 de agosto, DOG do 13); acordos da Federación de ANPAS de CCPP cos concellos, entre eles o de Ourense; diminución de profesorado (3.920 en Galicia, dos que 519 son en Ourense); de becas de alumnado e recursos de todo tipo, incluso no gasóleo da calefacción; libros de texto, problema no que deberiamos organizarnos; nova regulación dos deberes escolares, que xa está o tema no Parlamento.

Un problema xeral: a aprobación  da LOMCE no Congreso do Diputados, que vai poñer en marcha unha reforma regresiva.

b.     Universidade: Todo un conxunto de problemas áchanse presentes neste ámbito. Unha gran parte deles está provocada pola falta de recursos á que nos somete A Xunta de Galicia. Citamos os máis importantes: descontento pola tremenda rebaixa salarial imposta aos traballadores; indignación de moitos alumnos e alumnas (que na facultade de CC da Educación levounos a unha folga de varios días) e profesorado como consecuencia da reducción de becas en número e cuantía, Erasmus, aumento de taxas de matrícula e mesmo das consecuencias que vai ter a LOMCE; grandes limitacións en investigación; preocupación con respecto a situación do profesorado asociado; falta de calidade que preocupa pouco ao rectorado; inicio de etapa de preparación de candidaturas ao rectorado; descontento co actual rector, …

Como problema concreto de Ourense citar o da Facultade de Ciencias: No Consello Social da Universidade de Vigo (celebrado hai unha semana) preguntouse ao rector sobre o perigo que pode supoñer implantar Inxeñería Física para a permanencia de CC. Ambientais na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. A resposta non foi moi clara. A cousa ven de atrás como se sabe. A xunta de facultade de Ciencias aprobou 3 titulacións de grao, que están implantadas, e agora o rectorado, baseándose nunha determinada sentenza do TSXG, quere implantar Inxeñería Física. Mais ata que punto hai/haberá  alumnado para isto? Prexudicará ao que xa temos implantado?

4.     Tarefas a realizar polos membros do comité: libros de texto, estudio de necesidades e contacto con Anpas. Acórdase seguir co traballo comezado, intensificando –desde logo- actividades en relación coas agrupacións comarcais.

5.     Reunións do comité con persoas militantes do PSdeG relacionadas coa actividade educativa e outras persoas que queiran participar. Acórdase facelas, sobre todo de cara a elaboración de propostas para o programa electoral conforme ás bases acordadas pola conferencia política celebrada recentemente en Madrid polo PSOE.

Ourense, a 15 de novembro de 2013

O coordinador sectorial provincial


                    Camilo Ocampo Gómez

ANEXO QUE SE CITA:

1.     Acordos da derradeira reunión do comité coordinador da sectorial provincial de educación en Ourense e actividades realizadas.

Neste punto cabe destacar os seguintes puntos:

a)     Reunión a comezos de curso, unha vez pasado o verán. Houbo reunón xeral da sectorial celebrada o día 19 de setembro. A ela sistiron os membros do comité coordinador e se convocaron a persoas do ámbito educativo pertencentes  ao PSdeG. Tamén a outras persoas interesadas na posición do PSdeG en materia de educación. Os numerosos asistentes fixeron que a sala se quedase pequena. Resultou acto moi dinámico, con preguntas de debates de importancia. Asistiu o secretario xeral de entón, Pachi Vázquez. Tratáronse os seguintes temas: libros de texto (convén afrontar desde o partido unha recollida de libros e de peticións de persoas que os necesiten, resulta complexa esta tarefa sen medios, pero debe intentarse por comarcas); presentación dunha moción nos concellos sobre o problema do copago no comedor escolar (xa a fixeron todos); a necesidade de seguir poñéndonos en contacto coas ANPAS da provincia; preguntaron polo problema de asociacións como é a do CEIP de O Couto que por si mesma non pode participar no convenio do concello de Ourense coa Federación de ANPAS de CC PP.

b)    Facer o seguemento en canto a unidades en funcionamento, profesorado, comedor e transporte escolar nos centros. O comité coordinador  conta con estatística actualizada sobre unidades escolares e profesorado co que se conta no actual curso na provincia e están pendentes os datos das ANPAS nos que traballa unha membro do comité.

c)     Manter o blogspot  dado o acertado do enfoque que ten e divúlgalo canto se poida, sobre todo para que as agrupacións comarcais sigan a información que se facilita. Polo tanto nestas semanas estase a sacar canto pode ter interese para os militantes e simpatizantes, concretamente información relativa ao tratamento dos problemas de educación no Parlamento de Galicia, no congreso (LOMCE) e na provincia.

d)    Continuar co plan de actividades aprobado en canto a estudos, estatísticas, seguemento político das medidas que toman os gobernos do PP de Galicia e España (o que se sigue a facer); revisión de documentación relativa á educación universitaria e non universitaria a través de fontes directas, prensa e TICe; participación en debates; asesoramento a militantes e simpatizantes en canto a buscar solución a problemas de educación que se lle presentan.
______________________________________________

Esta é a nefasta realidade da LOMCE que se acaba de aprobar no Senado














*Información recopilada e tratada pola Secretaría Provincial de Educación do PSdeG-PSOE de Ourense e o Grupo Provincial Sectorial de Educación do PSdeG-PSOE de Ourense.

martes, 5 de noviembre de 2013

O Goberno de Rajoy négalle apoio a miles de estudantes Erasmus Gran malestar nas universidades e colectivos de estudantes ante a falta de apoio do goberno de Rajoi a este alumnado

   



   O estudantado que se acha no actual curso en universidades  de outros países dentro do programa Erasmus, unhas 1500 persoas de universidades galegas, acaban de sentir nas súas carnes como o goberno de España, 2 meses despois de terse iniciado o curso, retíralle a axuda complementaria que, dende anos atrás, viñan recibindo aquelas persoas estudantes que non tiveran unha beca xeral  no curso anterior.

   O goberno de Rajoi tomou esta medida mediante a publicación dunha disposición legal ao efecto (orde ministerial) no Boletín Oficial do Estado do pasado 29 de outubro. Fixo isto sen previo aviso e de xeito sorpresivo. Foi o propio estudantado quen, informado desta medida, deu aviso aos medios de comunicación españois e doutros países, que se fixeron eco da noticia de xeito inmediato. A cousa non é para menos. Porque, por moito que se empeñe o goberno de Rajoi en concederlle un escaso valor á educación, esta é cousa de todos, aféctanos a todos e dos seus resultados dependemos tódalas persoas máis alá de fronteiras e países. A medida tomada polo ministerio pensó que debe calificarse de miserable.

   Agora, probablemente a metade do estudantado Erasmus, verase prexudicado pola medida ata o punto de que moitas persoas poderán verse obrigadas a presentar a súa renuncia ao programa e regresaren á súa respectiva universidade. A estas alturas do curso, xa pasada máis de primeira metade do cuadrimestre, acábanse de enterar de que se quedarán sen un 50% da axuda que contaban recibiren para manterse neste magnífico programa europeo. A orde publicada, sen dúbida, resulta equivocada, inoportuna e pensó que destructiva en tódolos sentidos.

   Dende logo trátase dun feito inaudito. Un goberno dun país pertencente á Unión Europea, esquecendo (ignorando) os máis elementais principios e sentidos da educación no mundo actual, aproveite ao Ministerio de Educación para, unha vez máis, desviar recursos, que por outra parte como axuda son ben escasos, a diferentes partidas orzamentarias que xa nos gostaría saber cales son.


Ourense, a 5 de novembro de 2013


Camilo Ocampo

martes, 24 de septiembre de 2013

Gráficas de evolución das becas e axudas.- onde hai papeis calan barbas e a cínica estratexia de WERT


Estas son as gráficas da evolución das becas e axudas ao estudo dende o curso 2001-2002 ata o curso 2012-13. Os datos están sacados do propio Ministerio de Educación, polo que resulta máis ofensiva a cínica estratexia de Wert de querenos convencer da evolución positiva das becas co partido popular.

Poño tamén o cadro elaborado polo xornal EL PAÍS e, pulsando nel, podedes acceder a edición dixital da nova de referencia. O cadro apareceu na edición en papel, pero non así na dixital. Por certo, o texto non ten desperdicio, o recomendo encarecidamente. Son moi atinadas as referencias a que estamos ante a punta de iceberg dunha realidade moito máus dura, faltando, por exemplo, aos recortes aínda non visibilizados das CCAA que incrementarán sen dúbida nunha cifra non menor o conxunto das mermas en Becas e Axudas ao Estudo.

Recordade os datos máis escandalosos: 578.000 alumnos perden as axudas ao estudo e 25.000 as becas (a maioría alumnado auniversitario).




Pachi Vázquez considera "unha inxustiza e unha ilegalidade" o decreto da Xunta que obriga a pagalo comedor aos alumnos que teñan que utilizalo transporte escolar


Anuncia que os socialistas levarán a norma ante o Congreso, o Senado e o Constitucional e chama aos pais de alumnos afectados a recorrer xudicialmente

Galicia será a unica Comunidade Autónoma na que os alumnos que utilicen transporte escolar teñan que pagar comedor cun decreto que afectará a 20.000 alumnos do rural

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 13. O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, cualificou hoxe de “inxustiza e ilegalidade” o decreto da Xunta que obriga a pagar comedor aos alumnos o rural que teñen que desprazarse á escola fora da súa localidade. Explicou que esta norma vulnera a LOE e anunciou o recurso dos socialistas diante do Tribunal Constitucional.

O responsable socialista anunciou unha batería de iniciativas políticas e xudiciais dos socialistas galegos no Congreso, Senado e mesmo diante da xustiza para “pararlle os pés” á Xunta xunto cos pais e nais afectados aos que animou a recorrer o decreto. Sinalou que “ninguén en toda España, nin a reina dos recortes, Dolores de Cospedal –a presidenta de Castela A Mancha- infrinxe un castigo” como a Xunta de Galicia.

Neste sentido salientou o decreto da comunidade de Castela A Mancha, que no seu artigo 2 sinala literalmente:

“A efectos del presente decreto se entenderá por “alumnado beneficiario obligatorio quien tenga derecho a la gratuidade en el servicio de comedor escolar. A estos efectos tienen derecho a la gratuidad en el servicio de comedor escolar aquellos alumnos o alumnas que, cursando enseñanzas básicas en centros públicos, hacen uso del servicio de comida de mediodía escolarizados/as en Centros con jornada de mañana y tarde con derecho a transporte escolar contratado por la Administración educativa”.

Pachi Vázquez advertiu que o peche de escolas unitarias no rural obriga aos rapaces a desprazarse varios quilómetros en transporte escolar sen que iso inclúa o comedor escolar gratuíto, en contra da Lei Orgánica de Educación –arts. 81 e 82.2-. Acusou a Feijóo de obrigar a que “o que teña cartos paga –o comedor- e o que non ou leva bocadillo ou queda sen comer”.

Explicou que de acordo coa normativa estatal, os rapaces que teñen que usar transporte escolar para desprazarse mais de dous quilómetros da súa casa teñen que ter comedor gratuíto.

Actualmente en Galicia, dixo, dentro dos 60.000 rapaces que utilizan comedor escolar, hai 20.000 que teñen que usar o autobús e aos que a Xunta “quere cobrar por comer, ao que ninguén en toda España se atreve”. Acusou a Feijóo de “machacar” á xente que vive nos 30.000 núcleos de poboación rural cos que conta Galicia.

Comedores sociais

Pachi Vázquez puntualizou que mentres en Andalucía ou Canarias os comedores escolares son convertidos en comedores sociais gratuítos para tódolos nenos en exclusión social, en Galicia a Xunta cobra polo comedor mesmo vulnerando a Lei.

Salientou que mentres o goberno galego presume dun suposto “milagre” de “mellorar todo mentres baixan 143 millóns de euros no orzamento de educación” en 2013, a realidade é que “milleiros de familias teñen que pagar polas súas ilegalidades”. Criticou a suba do 40 por cento no prezo dos comedores escolares nas cidades, a suba do IVE do material escolar e a retirada de bolsas de estudos por parte do PP