Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

martes, 31 de marzo de 2015

Programa eleccións municipais 2015: EDUCACIÓN E FORMACIÓN

Proposta da Sectorial Provincial de Educación de Ourense que se fai, con carácter orientativo, para todas as agrupacións municipais.


Camilo Ocampo (coordinador)

1. Posición de partida 

1.1. Aspectos xerais

No momento actual, cando a tremenda crise financeira e económica convértese en crise política e mesmo afecta á propia democracia, o PSdeG-PSOE entende que a educación é un dos aspectos principais que, debidamente reforzados, pódenos servir para superar as tremendas dificultades polas que atravesamos. 

Porque, máis que un ámbito para facer recortes como os que presenta o PP, probablemente con ánimo de facilitar o negocio dalgunhas persoas, debe dárselle a consideración de SERVIZO PÚBLICO DO QUE DEPENDE O CRECEMENTO ECONÓMICO.

O PSdeG-PSOE entende, pois, que a educación concrétase nun proceso que abrangue sucesivas etapas de formación ó longo da vida de tódalas persoas e constitúe o medio axeitado para lograr o maior desenvolvemento posible dos cidadáns e das comunidades. 

1.2. Aspectos específicos

Tratándose de eleccións municipais deberemos comezar polas competencias que posúen os concellos en materia de educación. As mesmas áchanse contempladas nas leis orgánicas que desenvolven o artigo 27 da Constitución Española de 1978. Agora ben, cómpre termos en conta as bases legais que regulan os concellos españois, así como outras normas que poden afectarlle aos mesmos noutros ámbitos. Así, dende estas consideracións enumeramos a continuación as que cabe considerar como principais a efectos político-programáticos, sen esquecer, ao mesmo tempo, que a nosa provincia de Ourense posúe 92 concellos e a súa práctica mayoría é de carácter rural, teñen pouca poboación e esta conta con máis de 60 anos na meirande parte.

Competencias educativas municipais

1. Mantemento e vixiancia dos centros públicos de educación, primaria, centros públicos integrados, educación das persoas adultas e educación especial.

2. Constitución e presidencia dos consellos escolares municipais conforme as funcións e cometidos deste órgano de participación democrática.

3. Impulso da participación dos sectores afectados nos órganos de participación na toma de decisión dos centros.

4. Participación a través dos correspondentes representantes nos consellos escolares dos centros do municipio.

5. Colaboración cos centros do sistema educativo en actividades extraescolares e no seu caso complementarias.

6. Axuda ao establecemento de relacións entre os centros e a comunidade.

7. Participación nas comisións de escolarización que se constitúan no municipio.

8. Cooperación coas Administracións (Xunta de Galiza e Xeral do Estado, nalgún caso) para a obtención de solares nos que se vaian construir centros.

9. Realización de convenios coas Administracións sobre ubicación e funcionamento de centros nos que se desenvolvan ensinanzas de réxime especial (conservatorios música, conservatorios de danza e Escolas Oficiais de Idiomas).

10. Facilitación do uso das instalacións dos centros públicos para actividades deportivas e culturais fora do horario de actividade diaria dos mesmos.

11. Establecemento de convenios con Administracións e organizacións propias do ámbito educativo e con esta finalidade. 

12. Creación e xestión de escolas infantís municipais no periodo 0-3 anos.

2. Elaboración dunha proposta de programa de educación para as eleccións municipais de 2015

Entrando directamente no seu proceso de elaboración propóñense a título orientativo as sete fases seguintes:

I. Análise de necesidades tendo en conta as principais competencias dun concello agrupadas por sectores en materia de educación (xa se enumeraron). Compre estudar tres aspectos: 

a). “Donde queremos chegar” en cada ámbito segundo programa electoral e principios programáticos do PSdeG-PSOE.

b). “Onde estamos” 

c). “As posibilidades” das que previsiblimente dispoñeremos.

II. Fixación clara de obxectivos e actividades (enumeración somera, porque logo poderá ampliarse o que se queira definindo os programas de actuación que correspondan).

III. Establecer responsables, recursos e tempos para cada actividade e programa.

IV. Criterios de avaliación e supervisión política.

V. Criterios para avaliar o que se fai e os resultados obtidos.

VI. Presentación da proposta perante o órgano que a terá que aprobar en cada agrupación.

VII. Transformación da proposta en proxecto educativo municipal.

VIII. Difusión a través da web do PSdeG, logo do concello se se goberna, ou da oposición no seu caso.


3. Os obxectivos e actividades previstas en cada caso con persoas responsables e recursos:

Establécense de xeito orientativo as 9 categorías de obxectivos seguintes (vencelladas coas competencias municipais no sector educacional):

· Con relación ao impulso da participación democrática na educación das persoas do concello.

· Con relación á participación democrática na educación formal do concello: Consello Escolar Municipal.

· Con relación á participación na organización e funcionamento de cada centro: Consello Escolar de Centro. 

· Con relación ao mantemento e vixiancia dos centros públicos.

· Con relación á seguridade vial do resto dos centros do axuntamento.

· Con relación á escolarización no concello, incluíndose servizos de transportes e comedores cuxo gasto corresponde á Adminstración.

· Con relación aos convenios con Adminstracións e organizacións.

· Con relación ás escolas infantís municipais, no seu caso.

· Con respecto ás relación da comunidade cos centros (dende os de educación infantil ata os universitarios).

· Con respecto á obtención dos solares necesarios para construir centros ou mellorar as instalación dos existentes. 

4. Os principais programas

Os programas son conxuntos de actividades con nome propio que están orientadas a determinados obxectivos orixinados pola combinación dos correspondentes a varias das categorías anteriores por constituiren unha unidade específica identificable cun ámbito de necesidades socioeducativas entrelazadas que afectan a grupos concretos de destinatarios.

En cada programa deberán figurar as principais variables que o definen: obxectivos, actividades e tempos de desenvolvemento das mesmas, recursos cos que conta con absoluta transparencia, destinatarios, criterios de selección no seu caso e responsables do programa.

Estes programas, dependendo do tipo de concello que sexa, poden ser todos ou algún dos seguintes:

Alongamento de horarios para nenos de infantil e primaria

Comedores escolares

Actividades extraescolares

Actividades deportivas

Xadrez

Coñecer o concello: datas, historia e medio natural

Orientación familiar dende o concello

Orientación profesional para adultos

Educación vial para todos

Consumo sostible

Talleres de idiomas

Escola de música 

Talleres de teatro

Procura de material escolar

Europa

Educación das persoas adultas: TIC, IDIO, AS, FORMACIÓN BÁSICA, …

Consellos infantís de toma de decisión para un concello axeitado aos nenos e nenas.

No desenvolvemento dos programas débese ter en conta a necesidade de contar con tódalas institucións e organización que poden axudarnos a sacalos a diante: Asociacións de nais e pais, de alumnado, centrais sindicais, partidos políticos, sindicatos de profesores, organización, Administracións (ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO e XUNTA DE GALICIA), Deputación provincial, outros concellos e demais concellalías.

5. Criterios de avaliación e supervisión política

Os principais criterios deben ser as necesidades a que obedece cada obxectivo ou obxectivos, polo que o traballo máis importante da persoa/persoas que avalíen será o determinar en que medida se está a resolver a necesidade detectada ou non, cales son as causas de que as cousas vaian sucedndo así e cales as decisións a tomar para evitar resultados non desexables.

A xestión necesita avaliación permanente a dous niveis, un técnico e outro político. Este último con respecto a criterios das políticas asumidas polo grupo municipal en cada caso que asumirá a supervisión da execución do programa a través da concellalía de educación. 

6. Aprobación da proposta

A proposta de programa de educación para cada concello deberá ser aprobada pola agrupación municipal correspondente para a partir daí convertela, se procedese, en proxecto educativo municipal asumido polo grupo SOCIALISTA.